Durante os meses de outubro e novembro organizáronse as seguintes actividades
- Festival conmemorativo dos 60 anos de Brincadeira. Participaron máis de 100 persoas, bailadores e músicos, que fixeron parte da historia de Brincadeira dende os anos 60 ata a actualidade. Celebrouse no Auditorio de Galicia, o 29 de novembro.
- Taller de Xogos Populares. Coordinada por Paco Veiga e Xulio Pérez, membros da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, tivo lugar o 11 de outubro na compostelá Praza do Toural.
- Exposición sobre o traxe tradicional galego. Coordinada por Montse Rivera, desenvolveuse no Museo do Pobo Galego do 14 ao 19 de outubro. Como acto de clausura tivo lugar unha táboa redonda que contou coa participación de Juan Luis Riveira como representante dunha tenda dedicada ao traxe tradicional, Xoana Pintos Barral, da Asociación do Traxe Galego, Luís Prego, Director de grupos de baile tradicional e José Antonio Ferreira Lence, Director da Banda de Gaitas de Calo.
- Charla - mostra sobre os instrumentos tradicionais galegos impartida por Xabier Blanco. Realizouse o 25 de outubro no Hotel Virxe da Cerca.
