Desenvolvéronse no local social de Brincadeira durante o Sábado e Domingo 7 e 8 de Novembro de 2004, en horario de mañá e tarde, co obxectivo de amosar distintos aspectos da cultura tradicional galega relacionados coa música e baile tradicionais. Foron subvencionadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.
Fixéronse os seguintes obradoiros:
- BAILE TRADICIONAL: Mestres: Luís Prego e Pablo Díaz
- GAITA: Mestres: Pablo Seoane Méndez: o “toque pechado” na gaita galega e Xoán Porto, estilo de dixitación aberta
- PASAMANERÍA: Mestra: Ana Vidal Santiago
- PANDEIRETA E PERCUSIÓNS ACOMPAÑANTES AO CANTO TRADICIONAL: Mestra: Felisa Segade Otero
- PECHE DAS XORNADAS: CELEBRACIÓN DUN SERÁN, que contou coa participación de informantes de primeira man.