XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2005

cartel-2006.jpg
24 e 25 setembro cos seguintes OBRADOIROS
  • Xogos e Agarrados: Sábado de 11 da mañá a 2 da tarde, a cargo de Pablo Díaz, compoñente de Ruote. Todos a bailar mazurcas, polcas, valses e enredar e divertirse con xogos cantados.
  • O Baile do Suido: Sábado de 4 a 7 da tarde, Hipólito e Dosi, unha parella da Edreira Vella, no concello de Avión, amósanos o estilo da súa terra, axudados polo noso mestre de baile, Luís Prego
  • Pandeireta: o sábado de 7 da tarde a 9 da noite, Antonio Pérez explicanos o seu arte facendo marabillas coa pandeireta acompañando á gaita. Antonio foi membro de Durindaina, gravou con Fuxan os Ventos e agora é o virtuoso pandereteiro dos Estalotes.
  • Gaita e gaiteiro: No domingo de 11 da mañá a 2 da tarde, o noso mestre de gaita Xoán Porto Guancho acompañado polo señor Xosé Seivane, mestre da feitura das gaitas. Entre os dous, ademais de tocar a gaita, explican modos de tocar e de vivir coa gaita.
  • Feitura de aderezos: Tamén o domingo de 11 da mañá a 2 da tarde, os nosos compañeiros Ana Vidal e Toño López, cóntannos os secretos dos colares ben feitos e ben levados. O Domingo pola tarde, dende as 5, rematamos as xornadas cun serán ao final da rúa do Home Santo, ao lado do edificio dos bombeiros.

VINDE TODOS!!!!

Coma o ano pasado, subvencionadas pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.