A Escola - Horario e Tarifas 2011 / 2012

Cartaz 2011_2.jpg

A ESCOLA

Dende 1990, Brincadeira imparte clases de baile, pandeireta e canto, gaita e percusión tradicionais (tambor e bombo). Dende o curso 2005-2006 engadimos na nosa oferta clases de acordeón, e dende o curso 2008-09 impártense tamén clases de bordado, aderezos e agremás.

Tódalas actividades teñen como destinatarias ás persoas de calquera edade que queiran iniciarse ou afondar os seus coñecementos en calquera destas disciplinas, Á escola asisten actualmente perto de 200 persoas.

Unha parte importante do material a partir do que se traballa nas diferentes aulas de Brincadeira é aquel que os directores artísticos das diferentes seccións da asociación recuperan por todo o país. Continuamos así, xa que logo, co labor de divulgación da nosa tradición que o grupo considera importante obxectivo.

 

 

 

OS MESTRES E MESTRAS DA ESCOLA

Pandereteira: Felisa Segade, Marita Guiadáns e María Iglesias.

Baile: Mario Ferreira e Felisa Segade

Gaita, Percusión e Acordeón: Marcos

Bordados: Toño López

CURSO 2011/2012: HORARIOS, MATRÍCULAS E MENSUALIDADES

O prazo de inscrición comeza o 19 de setembro!

Podédesvos apuntar en persoa a partires do día 19 de setembro pasando polo local entre as 19:00 e as 21:00. ou a través da web (un pouco máis abaixo atoparás o botón de inscrición).

Comezo das clases: día 3 de outubro.

Duración do curso: 9 meses (de outubro a xuño).

HORARIOS
Baile
pequenos/as: martes de 18:30 a 19:30
iniciación: martes de 19:30 a 20:30
perfeccionam.: martes de 20:30 a 21:30

Pandeireta
pequenos/as: xoves de 18:30 a 19:30
iniciación: xoves de 20:30 a 21:30
medio 1: xoves de 19:30 a 20:30
medio 2: martes de 20:30 a 21:30
perfeccionam. 1: xoves de 20:30 a 21:30
perfeccionam. 2: xoves de 19:30 a 20:30
Gaita
iniciación1: mércores de 20:00 a 21:00
iniciación 2: venres de 20:00 a 21:00
perfeccionam.: venres de 21:00 a 22:00


Tambor: mércores de 19:00 a 20:00


Acordeón: luns de 18:30 a 20:30

Bordado, aderezos e agremáns: martes de 18:30 a 19:30

 

MATRÍCULAS E MENSUALIDADES:

ATA 12 ANOS: 30 euros matrícula / 11 euros mensualidades.

MÁIS DE 12 ANOS: 30 euros matrícula / 13 euros mensualidades.

ACORDEÓN: 30 euros matrícula / 22 euros mensualidades.

 

Ollo!

- Se viñeches o ano pasado e asistes a dúas actividades, ou máis, non pagas matrícula.

- Se tes 12 anos ou menos e sodes varios/as irmáns/irmás, ou vés con teu pai ou túa nai, só pagades unha matrícula.

Pulse aquí para inscribirse