Desde 1990, Brincadeira imparte clases de baile, pandeireta e canto, gaita e percusión tradicionais (tambor e bombo). Desde o curso 2005-2006 engadimos na nosa oferta clases de acordeón, e desde o curso 2008-09 impártense tamén clases de indumentaria tradicional.
Todas as actividades teñen como destinatarias ás persoas de calquera idade que queiran iniciarse ou afondar os seus coñecementos en calquera destas disciplinas. Á escola asisten actualmente máis de 200 persoas.
Unha parte importante do material a partir do que se traballa nas diferentes aulas de Brincadeira é aquel que os directores artísticos das diferentes seccións da asociación recuperan por todo o país. Continuamos, deste xeito, co labor de divulgación da nosa tradición que o grupo considera un obxectivo fundamental.
Horarios e Mestres
Iniciación Nenas e Nenos: Luns 17:00 – 18:00 con Cris Canosa
Intermedio Nenas e Nenos: Martes 18:00 – 19:00 con Montse Rivera
Perfeccionamento Nenas e Nenos: Martes 19:30 – 20:30 con Montse Rivera
Iniciación Adultos: Luns 19:00 – 20:00 con Marcos Franqueira
Intermedio A Adultos: Luns 20:00 – 21:00 con Marcos Franqueira
Intermedio B Adultos: Luns 21:00 – 22:00 con Marcos Franqueira
Perfeccionamento A Adultos: Martes 20:30 – 21:30 con Montse Rivera
Perfeccionamento B Adultos: Xoves 20:30 – 21:30 con Montse Rivera
*De cubrirse as prazas para “Iniciación Nenas e Nenos” abrirase un novo grupo os luns ás 18:00.
Iniciación Nenas e Nenos: Xoves 17:30 – 18:30 con Marita Giadáns
Intermedio Nenas e Nenos: Xoves 18:30 – 19:30 con Marita Giadáns
Perfeccionamento Nenas e Nenos: Mércores 20:00 – 21:00 con Felisa Segade
Iniciación Adultos: Xoves 19:30 – 20:30 con María Iglesias
Intermedio A Adultos: Martes 19:30 – 20:30 con Marita Giadáns
Intermedio B Adultos: Martes 20:30 – 21:30 con Marita Giadáns
Intermedio C Adultos: Xoves 18:30 – 19:30 con María Iglesias
Intermedio D Adultos: Xoves 20:30 – 21:30 con María Iglesias
Perfeccionamento A Adultos: Mércores 19:00 – 20:00 con Felisa Segade
Perfeccionamento B Adultos: Xoves 12:00 – 13:00 con Felisa Segade
Perfeccionamento Grupo Homes: Martes 18:00 – 19:00 con Felisa Segade
*De cubrirse as prazas para “Iniciación Nenas e Nenos”, abrirase novo grupo os martes ás 18:30.
Gaita
Iniciación: Luns 17:30 – 18:30 con Marcos Varela
Intermedio A: Mércores 19:00 – 20:00 con Marcos Varela
Intermedio B: Sábado 12:00 – 13:00 con Marcos Varela
Percusión
Iniciación: Mércores 18:00 – 19:00 con Marcos Varela
Acordeón
Luns 18:00 – 19:00 con Marcos Varela
Linguaxe Musical
Luns 19:30 – 20:30 con Marcos Varela
Perfeccionamento: Mércores 20:00 – 21:00 con Alejandro Sanjiao.
A audición de selección para grupo avanzado das clases de gaita galega constará das seguintes probas:
1. Afinación de todos os elementos do instrumento co que se realizará a proba de interpretación.
2. Interpretación a primeira vista dunha partitura de dificultade media con ornamentación básica (mordentes, semitrinos, stacattos etc.). Será o mestre quen proporcione as partituras, escritas en Do ou en Re a elección d@ gaiteir@. No caso de gaiteir@s que aprenderan de oído, a proba de interpretación consistirá na repentización, por fragmentos, dunha peza de similares características interpretada polo mestre.